#Ti tes a chave
Novo plan de xestión de materia orgánica no Concello de Santiago de Compostela
Compostela Inserta é a empresa encargada do reparto domiciliario dos cubos aireados facilitadores da reciclaxe dos residuos orgánicos no Concello de Santiago de Compostela.
Que é?
O Concello de Santiago está instalando progresivamente o colector marrón (ou tamén denominado quinto colector) en diversos puntos da cidade para o depósito en exclusiva de restos de materia orgánica destinados á fabricación de compost, e Compostela Inserta está a desenvolver a ruta de reparto porta a porta dos cubos aireados facilitadores da separación domiciliaria do residuo orgánico.
Como funciona?
É tan sinxelo, como esperar a que cheguen ao teu domicilio ou que te achegues a un Centro Sociocultural.
En cada vivienda entrégase un caldeiro aireado e dous paquetes de bolsas reciclables para que todos os veciños poidan levar a cabo una correcta separación dos residuos.
Casco histórico: Se resides na zona vella de Santiago de Compostela tes acceso directo aos colectores de rúa mobiles que se instalan en horario de 19:00 a 23:00 horas.
Resto da cidade: Para poder participar nesta iniciativa é preciso que se solicite a tarxeta que permite abrir o colector nalgún dos seguintes puntos: na seguinte páxina web: www.santiagosostible.gal, no teléfono 981 56 54 69 ou presencialmente nalgún dos seguintes Centros Socioculturais.
Podes recoller o teu kit
e a túa chave electrónica nos Centros Socioculturais colaboradores, nos seus horarios habituais de apertura:
-CSC de Fontiñas, na rúa Berlín, 13
-CSC de Santa Marta, na rúa de Antonio Rama Seoane, 6
-CSC de O Castiñeiriño “Agustín Bueno” na rúa da Virxe de Fátima, 2
-CSC de Vite “José Saramago”, na rúa de Carlos Maside, 7
-CSC Maruxa e Coralia, na Praza Salvador Parta
-CSC de Conxo “Aurelio Aguirre”, na Praza de Aurelio Aguirre
-CSC Vista Alegre “Brañas de Andrés”, na rúa Vista Alegre, 11
O COLECTOR MARRÓN
Está situado na rúa, moi preto da túa casa. Ábrese cunha chave electrónica, pois o seu contido é moi valioso. Tí gardarás esa chave. Desde o Concello, procederemos a instalar, nas rúas do noso casco urbano, estes colectores nos que poderás verter o material recollido cos caldeiros aireados.
-RESTOS DE FROITA E VERDURA
-RESTOS DE CARNE E PEIXE
-CUNCHAS DE MARISCO OU FROTOS SECOS
-RESTOS DE PAN
-RESTOS DE CAFÉ E INFUSIÓN
-PAPEL DE COCIÑA
-RESTOS DE PLANTAS
-TAPÓNS DE CORTIZA
-COMIDA ENVASADA
-CUEROS, COMPRESAS E BASTONCILLOS DE ALGODÓN
-CABICHAS E PAQUETES DE TABACO
-CÁPSULAS DE CAFÉ
-TÉXTIL
-PAPEL DE ALUMINIO
-PLÁSTICOS E ENVASES
-LIXO, CABELOS