Quen é Compostela Inserta

Miguel Fernández Blanco
Miguel Fernández Blanco
Administrador único Compostela Inserta
 
Logo da Asociación Plataforma polo Emprego

No ano 2009, coa finalidade de promover e fomentar a figura das Empresas de Inserción, a Asociación sen ánimo de lucro Plataforma polo Emprego constitúe unha das primeiras Empresas de Inserción Laboral de Galicia: Compostela Inserta EIL, S.L.

As empresas de inserción, forman parte da economía social, constitúen unha tipoloxía especial dentro das empresas de carácter social que combinan a integración e formación socio-laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario.

Estas Entidades, dan resposta a unha necesidade esencial e executan unha obriga de servizo público na Comunidade Autónoma de Galicia, como é a integración socio laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.

A lei 6/2006, do 4 de maio, da Economía Social de Galicia, ten por finalidade recoñecer, fomentar e impulsar as entidades de economía social para o eficaz cumprimento dos fins económicos e sociais que lle son propios, potenciando a súa presenza, crecemento e influenza en todos os campos da acción social, económica e empresarial.

Compostela Inserta ten o seu domicilio social en Santiago de Compostela e desenvolve a súa actividade económica e empresarial principalmente na Provincia de A Coruña.

Compostela Inserta é unha das Empresas de inserción fundadoras de AEIGA (Asociación de Empresas de Inserción Laboral de Galicia) que na actualidade integra o Foro pola Economía Social de Galicia, coma organización representativa das EIL con vocación de representar os intereses da economía social galega.