Reciclar ten premio!!!

ÚNETE AO CÍRCULO RECICLA!!!

Compostela Inserta na actualidade está a poñer en marcha un proxecto de colaboración na visibilización da reciclaxe de residuos con Tropa Verde, co obxectivo principal, de incentivar á cidadanía compostelá da importancia da correcta SEPARACIÓN E RECICLAXE DOS RESIDUOS DOMÉSTICOS, motivando a súa colaboración e premiando o seu esforzo mediante diversos agasallos ou recompensas.

Que é TROPAVERDE?

Tropaverde é un proxecto colaborativo impulsado polo Concello de Santiago de Compostela que trata de concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe dos residuos coma un xeito de coidar o medio ambiente para promover a reciclaxe de residuos entre os composteláns,  e ao que Compostela Inserta se une neste ano 2021, incluíndo no propio proxecto a reciclaxe do aceite vexetal usado de cociña que xestiona no Concello.  https://santiago.tropaverde.org/rewards

Como funciona TROPAVERDE?

O seu funcionamento é moi doado: o cidadán deposita os seus residuos para reciclar nos puntos indicados e a cambio obtén uns puntos chamados estrelas, as cales pode ir acumulando na súa conta (hai que darse da alta na web de xeito gratuíto en santiago.tropaverde.org/users/sign_up) para despois trocalas na mesma web por descontos ou agasallos de comercios e establecementos que forman parte do proxecto.

Que residuos se poden reciclar?

Practicamente pódense reciclar todo tipo de residuos, aínda que para a obtención dunha estrela é mester entregar unha cantidade mínima:

Que premios/recompensas/agasallos se poden conseguir reciclando?

A oferta de recompensas que se poden obter é moi ampla e abarca diferentes modalidades, por exemplo hostalería, comercio, estética… podendo consistir nunha rebaixa do prezo ou incluso co agasallo dun produto ou dun servizo. En función das estrelas que se obteñan poderase desfrutar dunhas recompensas ou doutras. Hai que ter en conta que as canxes están limitadas á dispoñibilidade de existencias. Compostela Inserta tamén realizará canxes limitados de estrelas por descontos dun 20% nos seus servizos. As recompensas que se poden conseguir aparecen recollidas en santiago.tropaverde.org/rewards       Descarga gratis o folleto de TropaVerde: prema aquí.